domingo, 13 de febrero de 2011

O EXILIO EUROPEO

Sen case cartos nin máis oficio que o de escribir, adícase a ensinar inglés a fillos de familias acaudaladas. Tras catro anos de silencio por fin logra contactar con varios directores de cine europeo. Entre eles estaba tamén  Yan Kim Song, un ainda moi novo director surcoreano que percorría o vello continente na busca de imaxes e ideas para novos proxectos. Tras ler o guión de Home Sweet Home, Kim Song séntese feliz. Cree atopar a idea que occidente lle debía despois de anos viaxando polas súas terras. En non máis dun mes, o surcoreano estará preparado para mostrar ó mundo unha nova versión do clásico.



Hendershoot horrorizouse ó ver esta nova versión. Tal foi a súa decepción que decidiu retirarse a unha pequena vila do Mediterráeo francés a pensar e escribir. Sen albergar xa desexo nin esperanza de transformar algún dos seus guións en imaxes filmadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario