domingo, 13 de febrero de 2011

MORTE E PÉRDIDA DO SEU LEGADO


En 1974 morrerá nun terrible incendio onde se perderán case todos os seus escritos, incluido o guión de Home sweet home. Morto na pobreza e no exilio, sen familia coñecida nin grandes amigos, a obra de Hendershoot parecía condenada ó esquecemento ate que un director finés a recuperará para unha das suas películas.
Ariel Virtanen filmará de novo Home sweet home en 1984 pero nunha versión ben distinta.



Virtanen declarará que descubriu na primeira montaxe de Home Sweet Home un discurso de gran profundidade, perfectamente adaptable ó cinema experimental que practicaba. Rodou a nova versión utilizando soamente a cámara web do seu ordenador.
A partir de aquí aparecen unha serie de estudos sobre a obra de Hendershoot que o sitúan como un pioneiro do cine e como un pensador de gran calado, comparándoo incluso con Walter Benjamin. 
Aparecen ate 7 versións novas de Home Sweet Home entre 1994 y 1996 en tódolos formatos posibles: curtametraxe, animación, video-arte, relato breve... e se reanudan os estudos sobre a sua obra.
Sen embargo, na última década, o apelido Hendershoot parece de novo esgotado e non psemella claro que alguén vaia a continuar a súa historia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario