domingo, 13 de febrero de 2011

HOME, SWEET HOME

Ó longo  das últimas décadas, a pantasma de William Hendershoot reaparece de xeito irregular en distintos países e en distintas linguas, resistíndose á morte do mesmo xeito que as historias da literatura oral se resisten ó esquecemento. 
Todo comezou en 1945 cando un guión de Hendershoot se converte una película Home Sweet Home, estrenada na desaparecida sala One Hundred Tales, en  Los Angeles. A productora Columbia Pictures censura o guión, corta boa parte dos diálogos e cambia o final previsto por Hendershoot por un clásico happy end. Hendershoot non acode á estrea, moi pola contra, escribe tres artigos no Houston Herald denunciando o dominio das productoras sobre actores e guionistas.



Os artigos en contra de Columbia acaban volvéndose contra el. Durante o McCarthysmo, Hendershoot vese na obriga de fuxir a Europa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario